Avalia é unha empresa creada no ano 2001 por un grupo de mulleres que traballan na posta en marcha de proxectos e programas de intervención nos distintos ámbitos sociais. A súa finalidade é contribuír á mellora da situación social das mulleres mediante o desenvolvemento de políticas de igualdade nos diferentes ámbitos de intervención social co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva de mulleres e homes. Contamos con ampla experiencia no deseño, elaboración e posta en marcha de proxectos, programas e estudos desde a perspectiva de xénero, desenvolvidos fundamentalmente para a Administración autonómica, local e o movemento asociativo.